María Sóñora, a veciña de maior idade de Rois, cumpriu 102 anos.
ARCA
ROIS María Sóñora Fontenla cumpriu este sábado 102 anos, converténdose así na persoa de maior idade do municipio de Rois. Esta veciña de Silvarredonda (Buxán), celebrou o seu aniversario con "boa saúde, bo humor, moita ilusión e ganas de vivir", como salientaron os seus familiares, e recibiu na súa casa a visita do alcalde, Ramón Tojo.